Por 4º andamos aprendendo sobre as paisaxes de Galicia. Aproveitamos o tema para practicar as descricións de lugares. Escribimos varias delas con actividades diferentes, a partir de fotografías, inventando cidades e vilas ou dándolle forma de "folleto de viaxe" por grupos.
Deixámosvos por aquí cousiñas importantes para que repasedes:
Partes da descrición dun lugar:
1º Que lugar é? (praia, illa, cidade...)
2º Onde se atopa ?
3º Que elementos ten? (Seguir orde e engadir detalles)
4º Que sensacións nos produce ese lugar?
Vocabulario que podemos empregar:
Trucos máxicos para revisar o noso texto:
🌟 Comprobar que non repetimos palabras.
🌟 Engadimos detalles : practicade aquí
🌟 Usamos conectores (ademais, tamén, entón, etc.).
🌟 Usamos signos de puntuación traballados.
🌟 Revisamos as tils e as faltas ortográficas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario