lunes, 17 de febrero de 2025

CASTELAO E O CAFÉ MODERNO

O pasado venres realizamos unha saída ao Café Moderno. Alí realizamos un roteiro e un obradoiro sobre Castelao.

Á vez que percorríamos as diferentes salas, coñecemos a historia deste polifacético autor. Foi médico, escritor, pintor, político e ata escenógrafo! 

Tamén tivemos a oportunidade de aprender sobre a nosa cidade, un referente cultural para Castelao e demais personaxes da súa época. Sabiades que o Café Moderno foi o primeiro cine de Pontevedra? 🎦

Tamén vimos estes carteis que falan do Estatuto...que mensaxe quererán transmitir? 


 A saída completouse cun obradoiro sobre unha técnica artística baseada no gravado en linóleo, empregada moito por Castelao. Mirade que interesante!




 

AS PAISAXES: Describímolas 🌄

Por 4º andamos aprendendo sobre as paisaxes de Galicia. Aproveitamos o tema para practicar as descricións de lugares. Escribimos varias delas con actividades diferentes, a partir de fotografías, inventando cidades e vilas ou dándolle forma de "folleto de viaxe" por grupos.

 

Deixámosvos por aquí cousiñas importantes para que repasedes:

Partes da descrición dun lugar:

1º Que lugar é? (praia, illa, cidade...)

2º Onde se atopa ?

3º Que elementos ten? (Seguir orde e engadir detalles)

4º Que sensacións nos produce ese lugar?

Vocabulario que podemos empregar:


 Trucos máxicos para revisar o noso texto:

🌟  Comprobar que non repetimos palabras.

🌟  Engadimos detalles : practicade aquí 

 🌟 Usamos conectores (ademais, tamén, entón, etc.).

🌟  Usamos signos de puntuación traballados.

🌟  Revisamos as tils e as faltas ortográficas.

 

 


PREPARANDO UN ENTROIDO DE CINE! 🎦

Febreiro é un mes cheo de conmemoracións e unha das que máis nos gusta é o ENTROIDO

Xa temos a película elixida e xa andamos a preparar as disfraces que lle darán vida. A nosa pel xa vai mudando e tornou algo amarela.....en que nos convertiremos?

Ademais , este curso somos as encargadas e encargados de preparar o XUÍZO ao Galo Vilaverdiño. As clases de 4º fomos creando varias estrofas e xa case o temos listo. Só nos queda gravarnos para que todos os cursos do colexio nos acompañen no recitado das rimas !