Hoxe asistimos na biblioteca a unha interesante e amena charla sobre abellas a cargo do avó do noso compañeiro Gonzalo.
Aportounos moitísima información, trouxo unha pequena colmea con abellas "vivas", un traxe de apicultor/a, diferentes aparellos que nos foi comentando.
Seguimos toda a exposición con moita atención e respondeu as nosas curiosidades. Rematamos cunha degustación de mel e xalea real.
Moitas grazas "profe" Manolo! 👏👏👏
No hay comentarios:
Publicar un comentario