viernes, 26 de abril de 2024

PHO3NIX KIDS TRIATHLON

Xornada deportiva relacionada co triatlón, na que se realizaron probas de forza, habilidade, destreza e velocidade.

Da man de PHO3NIX KIDS pasamos unha divertida sesión na que coñecimos máis sobre os beneficios que o deporte aporta na nosa vida. 

miércoles, 24 de abril de 2024

APADRIÑAMENTO LECTOR - DÍA DO LIBRO

Este curso para celebrar o 23 de abril os grupos de primeiro e terceiro compartimos unha sesión de lectura no patio. Pasámolo xenial!!!

lunes, 8 de abril de 2024

CHARLA SOBRE ABELLAS

Hoxe asistimos na biblioteca a unha interesante e amena charla sobre abellas a cargo do avó do noso compañeiro Gonzalo.
Aportounos moitísima información, trouxo unha pequena colmea con abellas "vivas", un traxe de apicultor/a, diferentes aparellos que nos foi comentando. 
Seguimos toda a exposición con moita atención e respondeu as nosas curiosidades. Rematamos cunha degustación de mel e xalea real. 

Moitas grazas "profe" Manolo!  👏👏👏

viernes, 5 de abril de 2024

OBRADOIRO DE REALIDADE AUMENTADA MERGE CUBE

Hoxe nas clases de 3º realizamos un obradoiro de realidade aumentada dirixido pola profe Tati como broche final o proxecto do CORPO HUMANO.

Empregamos a aplicación Merge Cube e coas tablets sorprendímonos observando como é o noso corpo por dentro.