Hoxe os tres grupos de 3º asistimos
a unha charla sobre saúde, alimentación e actividade física.
Esta charla foi presentada por representantes da S. Deportiva Teucro: o delegado do Club Javier Domínguez, a nutricionista Inés Martínez e o xogador do equipo Javi Santana. Falamos sobre a pirámide de alimentos, o plato "ideal", as merendas saudables e o deporte.
Ao remate da charla agasalláronnos cunha bolsa que contiña produtos recomendables para unha vida saudable.
Seguimos investigando e traballando sobre nutrientes e clasificación de alimentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario