jueves, 25 de enero de 2024

PAZ NAS NUBES

O alumnado de PROXECTO COMPETENCIAL, nestas dúas últimas semanas, organizouse en equipos intergrupais para confeccionar unhas nubes con mensaxes pola PAZ.

Houbo información e debate previo.

Consensuáronse equipos, repartíronse materias e mans á obra:

Despois cada participante do equipo aportou a súa mensaxe na nube.

Así quedou o noso CEO pola PAZ:

PAZ = RESPECTO


lunes, 22 de enero de 2024

ALIMENTACIÓN SAUDABLE E DEPORTE

Hoxe os tres grupos de 3º asistimos a unha charla sobre saúde, alimentación e actividade física.

Esta charla foi presentada por representantes da S. Deportiva Teucro: o delegado do Club Javier Domínguez, a nutricionista Inés Martínez e o xogador do equipo Javi Santana. Falamos sobre a pirámide de alimentos, o plato "ideal", as merendas saudables e o deporte.

Ao remate da charla agasalláronnos cunha bolsa que contiña produtos  recomendables para unha vida saudable. 

Seguimos investigando e traballando sobre nutrientes e clasificación de alimentos.

jueves, 18 de enero de 2024

BIBLIOTECA DE PONTEVEDRA

Hoxe visitamos a Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola.

Organizados en dous grupos realizamos dúas actividades moi interesantes:

- Unha visita no primeiro andar onde está ubicada a sala infantil destinada a nenas e nenos de 0 a 13 anos. Prestamos moita atención ás explicacións e curiosidades que nos contou a monitora e puidemos ler ou ver algún libro dos diferentes espazos da sala.


- Un obradoiro de ilustración na planta baixa: inventamos unha historia en grupo que fomos ilustrando por equipos.