jueves, 30 de noviembre de 2023

EXPOSICIÓNS ORAIS NAS AULAS DE 3º

O día 13 de novembro iniciamos un ciclo de exposicións de tema libre en lingua galega ou castelá.

As exposicións foron individuais cunha duración máxima de dez minutos e podían acompañarse con fotos, esquemas, maquetas, presentacións PPT,  cartolinas-murais, libros ou contos...

A orde de participación realizouse por sorteo nas nosas aulas.

Houbo que presentar previamente un guion da charla. Os temas escollidos foron do máis variado. Resultou moi enriquecedor e aprendemos a ser un público curioso, entusiasta e respectuoso coas aportacións dos demais.

Compartimos algunhas  imaxes destas exposicións:

NATURNOVA: DO UNIVERSO A TERRA

Hoxe viaxamos ata Vigo para visitar o Centro Interactivo de Educación Ambiental - NATURNOVA AFUNDACIÓN.
Visitamos as tres salas: Universo, O noso planeta e O ser humano e o seu medio.
Tamén realizamos unha viaxe submarina virtual para ver o fondo da ría.
 

Enlaces para percorrer as diferenes salas e facer unha visita virtual:

Salas de Naturnova

Visita virtual


lunes, 27 de noviembre de 2023

25 N - CONTRA A VIOLENCIA

 

Este ano berramos contra a violencia de xénero. Nas nosas aulas comentamos, debatimos e reflexionamos sobre esta data a partir da obra de Munch titulada "El grito".
No seguinte enlace podemos ver o video cos "berros" de todas as aulas do cole:

jueves, 23 de noviembre de 2023

TÍRALLE DA LINGUA

Os grupos de 3º traballamos o texto A PORTA DO ALÉN e realizamos unha gravación coa que participamos no concurso de relato oral TÍRALLE DA LINGUA.

Audio do relato

A coordinadora do EDL do noso centro achegounos o DIPLOMA de PARTICIPACIÓN que nos fixo moita ilusión. 

viernes, 10 de noviembre de 2023

XOGADE - Loita e disciplinas

Hoxe no pavillón do centro tivemos a segunda xornada do programa XOGADE. Esta vez seguimos con atención as explicacións da modalidade de loita.
 
Velaquí algunhas imaxes dos exercicios realizados:
 

martes, 7 de noviembre de 2023

EXPOSICIÓN PICASSO PROTAGONISTA

O alumnado de 3º visitou a exposición "Picasso protagonista. Viñetas no cómic español contemporáneo" no Café Moderno Afundación.

Participamos nun obradoiro plástico de retratos cubistas con materiais de refugallo.

Seguimos un xogo de pistas para recoller diferentes informacións sobre a vida e obra de Picasso.