Iria Vázquez, a intérprete de LSE do cole, visitou as clases de 3º, explicounos moitas curiosidades da LINGUA DE SIGNOS e contestou amablemente as preguntas que tiñamos preparadas.
Vocabulario de Nadal en LSE:
Iria Vázquez, a intérprete de LSE do cole, visitou as clases de 3º, explicounos moitas curiosidades da LINGUA DE SIGNOS e contestou amablemente as preguntas que tiñamos preparadas.
Vocabulario de Nadal en LSE:
O día 13 de novembro iniciamos un ciclo de exposicións de tema libre en lingua galega ou castelá.
As
exposicións foron individuais cunha duración máxima de dez minutos e podían
acompañarse con
fotos, esquemas, maquetas, presentacións PPT, cartolinas-murais, libros ou
contos...
A orde de participación realizouse por sorteo nas nosas aulas.
Houbo que presentar previamente un guion da charla. Os temas escollidos foron do máis variado. Resultou moi enriquecedor e aprendemos a ser un público curioso, entusiasta e respectuoso coas aportacións dos demais.
Compartimos algunhas imaxes destas exposicións:
Enlaces para percorrer as diferenes salas e facer unha visita virtual:
Os grupos de 3º traballamos o texto A PORTA DO ALÉN e realizamos unha gravación coa que participamos no concurso de relato oral TÍRALLE DA LINGUA.
A coordinadora do EDL do noso centro achegounos o DIPLOMA de PARTICIPACIÓN que nos fixo moita ilusión.
O alumnado de 3º visitou a exposición "Picasso protagonista. Viñetas no cómic español contemporáneo" no Café Moderno Afundación.Participamos nun obradoiro plástico de retratos cubistas con materiais de refugallo.
Seguimos un xogo de pistas para recoller diferentes informacións sobre a vida e obra de Picasso.
Hoxe recibimos con curiosidade a visita duns "contacontos" moi especiais. Compañeiras e compañeiros de 6º escribiron unhas historias de medo que compartiron con nós.
Algunha das historias trouxo como agasallo uns monequiños cos que despois xogamos a montar construccións.
Agrademos a visita e os agasallos.😉👏👏👏
Este ano as nenas e os nenos de 3º participaremos no XOGADE, programa lúdico e participativo para escolares dos centros educativos de toda Galicia.
Estrenámonos cun CROSS escolar na Xunqueira con moitos otros centros de Pontevedra. Foi a nosa primeira saída deste curso e disfrutámolo moito.
Comeza un novo curso. As nosas clases van estar no segundo andar do colexio. Agardamos con impaciencia todas as novidades.
Neste mércores 21 que damos a benvida ao verán tamén toca despedirnos destas clases tan maravillosas que pasan para 3°.
Foi un placer acompañarvos a todos e todas, aos 50 nenos e nenas, nesta etapa tan bonita das vosas vidas.
E xa sabedes que aquí estamos sempre para vos.
Feliz verán!!!!
Hoxe o alumnado de 2° disfrutou dunha visita ao Parque de Bombeiros de Pontevedra. Aprendimos moitas cousas novas do seu traballo,os traxes,os camións,as ferramentas....
Rematamos cunha festa da escuma!!!
Hoxe recibimos a visita de Paula, unha mamá do cole, que xunto ás súas compañeiras impartiron un TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS onde o alumnado aprendeu cómo deben reaccionar se se atopan coa necesidade de auxiliar a alguén: chamar ao 112, comprobar se respira, posición de seguridade, RCP...
Para isto tiveron que traer un boneco co que fixeron as prácticas de todo o aprendido.
Moitas grazas por esta increíble colaboración.
Todo o alumnado de 2º está emocionadísimo preparando a próxima saída: pasar o día na Illa de Ons!!!! Hai que investigar moitísimas cousas antes da excursión: coñecer os horarios dos barcos, as distancias e tempos para coordinar bus e barco, as actividades que imos facer na illa, os nomes das praias e das rutas, a flora e fauna, as mareas... A nosa axencia de viaxes está funcionando a tope preparando os folletos!!!!