ESTIMADAS FAMILIAS:
DURANTE TODO ESTE TEMPO DE CONFINAMENTO, DECATÁMONOS DA IMPORTANCIA DUNS TRABALLOS QUE TIÑAMOS ESQUECIDOS, QUE ESTABAN AO NOSO CARÓN MAIS NON NOS FIXABAMOS NO IMPRESCINDIBLES QUE SON EN SITUACIÓNS COMO AS QUE ESTAMOS A VIVIR.
AS NENAS E OS NENOS DEBEN COÑECER ISTO. REFLEXIONAR SOBRE QUE PASARÍA SE NON EXISTISEN MÉDICAS E MÉDICOS, POLICÍAS, ENFERMEIRAS E ENFERMEIROS, LIMPADORAS E LIMPADORES, SERVIZO DE LIMPEZA DO CONCELLO, GARDAS CIVÍS, TRABALLADORAS E TRABALLADORES EN TENDAS DE ALIMENTACIÓN, TRANSPORTISTAS, PERSOAL DE AMBULANCIAS, AGRICULTORAS E AGRICULTORES, GANDEIRAS E GANDEIROS,...
ALGUNHAS NENAS E ALGÚNS NENOS DO NOSO CENTRO TEÑEN FAMILIARES NESES COLECTIVOS E PODEN COMENTAR EN PRIMEIRA PERSOA AS SÚAS PERCEPCIÓNS.
PROPOÑEMOS QUE ESCRIBADES UNHA CARTA CURTIÑA A UN DESES COLECTIVOS AGRADECENDO O SEU TRABALLO, AMOSANDO A SÚA ADMIRACIÓN POLA SÚA DEDICACIÓN E/OU INDICANDO O IMPORTANTE QUE CONSIDERAN O SEU TRABALLO, TAMÉN PODE SER UNHA CARTA PARA CONTAR A SÚA EXPERIENCIA COMO FAMILIAR DALGUNHA DAS PERSOAS QUE NON PUIDERON CONFINARSE AO PERTENCER Á FRANXA DE TRABALLOS IMPRESCINDIBLES.
COMPARTIREMOS NO BLOG E FAREMOS CHEGAR AS CARTAS VIRTUALMENTE AOS COLECTIVOS QUE TEMOS AO NOSO REDOR.
ACTIVIDADE:
1. ESCRIBIMOS EN FOLIO UNHA CARTA CURTIÑA CON LETRA LEXIBLE
2. DURANTE ESTA SEMANA REMITIMOS A NOSA CARTA AO CORREO DO BLOG: victomerr@gmail.com.
No hay comentarios:
Publicar un comentario