NA SEGUNDA QUINCENA DE FEBREIRO INICIAMOS CON ANA (PROFE DE PRÁCTICAS) O PROXECTO: "UNHA AVENTURA POLO OCÉANO E OS OFICIOS DAS MULLERES DO MAR" QUE LOGO ENLAZAMOS CO DÍA DA MULLER (8 DE MARZO).
SABOREAMOS AUGA DE MAR
O ALUMNADO NON SABÍA QUE ERA DE MAR E TIÑA QUE DICIR A QUE SABÍA,
SI ERA COMA A DA BILLA, ...CHEGAMOS A CONCLUSIÓN DE QUE ERA AUGA
SALGADA, COMA A DA PRAIA.
MARES E OCÉANOS
OBSERVAMOS OS MARES E OCÉANOS NO GLOBO TERRÁQUEO E EN GOOGLE MAPS.
PROFESIÓNS DE MULLERES RELACIONADAS CO MAR: REDEIRAS , MARISCADORAS
-VIMOS VIDEOS DE MARISCADORAS COLLENDO AMEIXAS E BERBERECHOS, DE
REDEIRAS COSENDO UNHA REDE.
-OBSERVAMOS E TOCAMOS UNHA REDE
-COSEMOS UNHA REDE COMA AS REDEIRAS USANDO UNHA AGULLA ESPECIAL.
EXPERIENCIA NO LABORATORIO
-SABOREAMOS AUGA DA BILLA
-SABOREAMOS O SAL
-BOTAMOS SAL Á AUGA DA BILLA, REMEXEMOS E PROBAMOS.
SABE AGORA COMA A DA BILLA?. TORBELLINO DE IDEAS
-BOTAMOS VARIAS CULLERADAS DE AUGA SALGADA NUN RECIPIENTE E DEIXAMOS
DURANTE UNS DÍAS...QUE PASARÁ?
CONTINUARÁ!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario