Unha forma xenial de aprender máis sobre as paisaxes de Galicia é a través dos traballos que presentou o alumnado de 4º: O Pontillón do Castro, Portalén, Ribadavia, Illas Cíes, Corrubedo, Fragas do Eume, Muíño de A Seca e moitos máis! O formato foi moi variado, dende presentacións dixitais ata traballos a man con información, debuxos, fotografias... todos nos encantaron. Moitas grazas a todas as nenas e nenos pola súa colaboración e implicación nas exposicións.
Aproveitando a temática, os equipos prepararon unhas presentacións dixitais sobre Parques Naturais de Galicia.
Tamén realizaron presentacións sobre a enerxía e a materia. Moito traballaron!
BO TRABALLO, NENAS E NENOS DE 4º
💜
Actividades de repaso: