Aproveitando que estamos a traballar o tema do CINEMA , o alumnado de 4º reflexionou sobre películas que lles gusta ver neste tempo de Nadal. Saíron un montón: Pesadelo antes de Nadal, O Grinch, Só e casa, Frozen, Klaus...
Unha vez elixidas as películas, decoraron a súa claqueta. Coa de todas e todos formamos tres árbores de Nadal de aluCINE!
O alumnado tamén traballou en equipo para crear un boneco de neve, boliñas decorativas, etc. Mesmo aprenderon a facer copos de neve, quedaron todos moi diferentes e orixinais.
Durante os últimos días, limos sobre tradicións de inverno e de Nadal ao redor do mundo. Unha compañeira mesmo nos trouxo un tió, tradicional de Cataluña, gracias Abril! Tamén limos fragmentos dalgúns libros que nos trouxeron os compañeiros e compañeiras. Deixamos por aquí dous por se vos interesa buscalos para ler de novo: Narval y Medu , Feliz Navidad , La fabulosa casa de Papá Noel.
O último día do trimestre aproveitamos para rematar as portadas do caderno e pasar un tempo xuntos e xuntas. Tamén recreamos as 12 badaladas de fin de ano cos nosos petiscos e desfrutamos coa tradicional chocolatada do Vilavarde, coa visita do apalpador e o combo musical !
BO NADAL, NENAS E NENOS DE 4º! ESPERÁMOSVOS CON MOITA ILUSIÓN NO 2025!