viernes, 29 de noviembre de 2024

POCAHONTAS E O 25N

Este curso  o 25N conmemorámolo analizando fragmentos de diferentes películas. A 4º tocounos POCAHONTAS.

Primeiro, visualizamos algunhas partes da película e reflexionamos sobre os valores positivos que se amosaban nela e aqueles que debían mellorar.

Logo, acordamos por clase un deseño dunha Pocahontas máis real, tendo en conta tamén a verdadeira historia deste personaxe tan coñecido. Ademais, pensaron frases coas que Pocahontas pedía igualdade entre homes e mulleres, así como a eliminación de esterotipos ou de calquera tipo de violencia.


O noso deseño plasmámolo nun carrete de película que logo colocamos xunto as películas dos demais cursos. Fomos visitar a exposición e ver o resultado final, lemos os das demais clases e valoramos as aprendizaxes obtidas con este traballo. Tamén recibimos un lazo violeta como símbolo deste día.


UNHAS BRUXAS MOI ESPECIAIS 💫

Despois de acabar o libro que lemos os primeiros meses de curso e traballar coa historia, realizamos unhas bonitas bruxas con cartolinas e material variado.  A profe Maite   agasallounos con esta super montaxe cos debuxos feitos. Mirade que ben quedaron:


MILLEIROS DE BICOS MESTRA MAITE 
💙

ACTIVIDADES DE LECTURA E ESCRITURA

Este trimestre as clases de 4º practicamos varios tipos de textos. Se premedes nas ligazóns poderedes ver esquemas e vídeos coas partes de cada un, son parecidos aos vistos na clase e poden servir para repasar:

descrición de persoas

contos 

 contos dialogados

cartas

narración con conectores de tempo

📝

Para apreder as partes dunha carta, limos un libro que vos deixamos por aquí por se queredes contar de novo na casa. Nel vimos diferentes tipos de cartas e desfrutamos cos personaxes.


Logo inventamos onde estaría o dragón da historia e escribimos cartas dende lugares moi  especiais.


Tamén escribimos contos, relatos con diálogos... algúns deles dramatizámolos na clase con marionetas de papel:


Seguiremos practicando lectura e escritura, porque xa o di o refrán:
QUEN SABE LER E ESCRIBIR, A TODAS PARTES PODE IR.


IRIA VISÍTANOS EN 4º

Este curso volvemos contar coa visita de IRIA, a intérprete de Lingua de Signos do colexio. Lembramos palabras e frases sinxelas aprendidas o ano pasado. Tamén repasamos o abecedario dactilolóxico e cómo dicir o noso nome. Aquí vos deixamos para que practiquedes na casa:

👌

Ademais, visualizamos unha curtametraxe que nos fixo cavilar moito sobre as barreiras comunicativas e a importancia de buscar formas para interactuar con todas as persoas.


Nestes vídeos que soan en inglés ou castelán, todos os signos realizados están en Lingua de Signos Española. Podedes velos para repasar meses do ano, días da semana, emocións, etc.




Seguiremos practicando na clase! MOITAS GRAZAS POR TODO, IRIA!
💫

XOGADE: CROSS ESCOLAR

As nenas e os nenos de 4º participamos no Cross escolar na Xunqueira. Fomos con outros colexios da contorna e moito alumnado do curso quedou clasificado, mesmo no podio!!!!!



GRACIAS mestra PAULA por facer posible esta actividade!

💙

lunes, 11 de noviembre de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS 📚

O pasado mes de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas. En 4º aproveitamos para facer unha visita á biblioteca do centro e tamén para poñer a rodar a biblioteca da nosa aula.

Eliximos un libro para levar a casa e desfrutar coa súa historia. Dentro dunhas semanas toca renovalo para recibir novas aventuras! 

 



Tamén limos varios libros curtiños na clase cos que fixemos animación lectora e algún teatriño. Que importante é o ton de voz, os xestos e as ganas que poñamos na lectura! Mirade como narran algúns dos libros que vimos:


 




Ademais, algúns nenos e algunhas nenas animáronse a compartir libros da súa casa sobre os temas de ciencias: o espacio e o aparello locomotor.

Para acompañar todas estas lecturas, preparamos uns coloridos marcapáxinas!

Lampi está super contento de ver tantas lectores e lectoras 📚

viernes, 8 de noviembre de 2024

OBRADOIRO DE ESPALDA (SEGUNDA PARTE)


Esta semana as clases de 4º repasamos cun xogo de Kahoot o aprendido no anterior obradoiro de espalda e hábitos saudables.

Tamén realizamos varios xogos deportivos e un circuito de actividades.

Que ben o pasamos!

🏃🏊

CELEBRAMOS O MAGOSTO!

Deixámosvos aquí unha pequena reportaxe do día do Magosto. 

Primeiro, fixemos os cucuruchos para gardar as castañas, decorámolos con debuxos de outono.

 Logo realizamos unha sesión de xogos no patio: brilé,  comecastañas, estatuas, aforcado...Tamén nos pintamos as caras e ata coñecemos un novo xogo cooperativo co que facer rodar as castañas por uns tubiños de cartón, foi todo un éxito!

 



Despois, chegou o momento de cantar e signar a canción en LSE practicada durante as semanas anteriores. 


 Como o tiñamos ben merecido, papamos castañas e pasamos un bo anaco xuntas e xuntos.

 


VIVA O MAGOSTO NO VILAVERDE!

🍁

 


SAÍDA AO SALGUEIRAL: PERCORRIDO POLA SENDA DO RÍO ALMOFREI

A rapazada de 4º realizamos unha visita á aldea do Salgueiral. Percorremos unha senda ao carón do río Almofrei acompañados por unhas guías que nos deron unha chea de información interesante.

Durante o percorrido participamos en varias dinámicas nas que coñecemos a importancia dos muíños, dos hórreos e da cooperación veciñal.


 
Fixemos unha parada no muíño onde nos esperaba Laura, unha veciña da contorna. Puxo en marcha o muíño, contounos o seu funcionamento e as súas partes.


Tamén aprendemos a debullar o millo, os seus tipos e pequenos hábitos ao redor deste momento.


Por último, visitamos un pequeno museo etnográfico. 

 

 

APRENDEMOS MOITO E DESFRUTAMOS UN MONTÓN!

🌽🌿