lunes, 23 de septiembre de 2024

PRIMEIROS DÍAS EN 4º

Xa estamos en !

Este curso comezou cunha bonita sorpresa que prepararon as nosas mascotas Masín e Simba. Decoraron as aulas para transmitirnos un pouco de alegría o primeiro día. Mirade que ben lles quedaron as clases e o corredor:

O alumnado de cuarto tamén aproveitou para dar a benvida ás profes e para coñecer un pouquiño máis ás novas mestras.

Tamén recibimos unha carta das mascotas chea de historias das vacacións. Non perdemos detalle e ata lles respondemos coas nosas experiencias do verán.


Creamos equipos e nomeámolos. Comentamos a importancia das normas e das rutinas.  Puxemos a proba aos grupos creando uns murais cooperativos, quedaron chulísimos!



Tamén nos convertemos en superheroínas e superheroes reflexionando sobre os valores necesario para aprender e convivir. Coas nosas fotos e debuxos fixemos uns deseños moi orixinais.

Ademáis, a lectura estivo moi presente estes primeiros días, hai unhas bruxas do máis misteriosas coas que estamos a ler e dramatizar.

Como vedes estivemos moi atarefados con repasiños, rutinas e algúns xogos.

Seguiremos informando da nosa aventura por 4º!