viernes, 23 de febrero de 2024

XOGADE - Xornada deportiva de convivencia co CEIP Plurilingüe de Lérez

 
Esta vez o programa XOGADE nos trouxo unha divertida xornada de convivencia co alumnado de 3º e 4º do CEIP Plurilingüe de Lérez. Participamos dun circuito de actividades deportivas variadas e compartimos recreo.
 

miércoles, 7 de febrero de 2024

O ENTROIDO DOS ANIMAIS

Primeira saída do centro deste ano. Hoxe asistimos  a un concerto didáctico no Teatro Principal de Pontevedra. Disfrutamos coa interpretación da suite O ENTROIDO DOS ANIMAIS de Saint Saëns  pola Orquestra Sinfónica de Pontevedra con acompañamento audiovisual. Levamos unhas máscaras de animais que preparamos no cole.