sábado, 27 de noviembre de 2021
VIVENDO AS MATE
viernes, 19 de noviembre de 2021
SEGUIMOS CO PROXECTO
Nesta ocasión fixemos un percorrido polo noso centro, descubrindo novos espacios e coñecendo a todos e todas as persoas que traballan nel. Estivemos no laboratorio, na aula maker, na estación meteorolóxica, no recanto de lectura... Temos un cole xenial e cheo de sorpresas!!!
SORPRESA DENDE A PALMA
Esta semana tivemos a sorte de recibir na aula un pouquiño de cinza do Volcán activo da Palma.
A nosa compañeira Julieta mostrounos e contounos como a conseguiu, puidemos ulila, vela de preto e concienzarnos da magnitude da situación.
Ademáis Julieta presentou a cinza en varias aulas que traballaron o volcán durante este trimestre!
viernes, 12 de noviembre de 2021
COMPETENCIA DIXITAL E COMPETENCIAS CURRICULARES
Esta semana traballamos e xogamos coas tecnoloxias. Trátase dun recurso moi motivador que as nenas e os nenos de primeiro desfrutamos moitísimo, é tremendamente versátil.
Nesta ocasión traballamos as sílabas que forman as palabras, comprensión lectora e fonética cun xogo de dinosaurios que nos trouxo a mestra Cris.
A BIBLIOTECA DO COLE
Despois dun curso sen poder visitar a nosa biblioteca do cole, tiñamos moitas ganas de poder vir e curiosear polas estanterías cheas de libros, poñernos cómodos e cómodas para ler tranquilmente un conto e coller libros en préstamo para levar a casa.
viernes, 5 de noviembre de 2021
PROXECTO: O NOSO ENTORNO
Xa levamos varias semanas traballando no noso proxecto. Partimos de nós para coñecer todo o que nos rodea: familia, vivenda, colexio e cidade.
Estamos a traballar moito a expresión oral en galego coas exposicións das nosas habitacións, investigando diferentes tipos de vivendas e debatindo sobre inventos no fogar.
Hoxe fixemos un quebracabezas sobre o noso lugar favorito do colexio!
E estes días xogamos con bloques de construción e investigamos sobre diferentes tipos de vivendas!