sábado, 28 de mayo de 2022

UNIDADES DE MEDIDA


 Deste xeito tan manipulativo traballamos a iniciación ás unidades de medida nas nosas clases de primeiro, coma siempre experimentando, vivenciando e vendo as utilidades na vida real!!! 








jueves, 19 de mayo de 2022

VISITA DE MERCHI Y VICTORIA

 Vaia sorpresa tivemos hoxe! As nosas profes de Infantil, Merchi e Victoria, viñeron de visita ás nosas clases. Levábamos tanto tempo sen velas que foi moi emocionante poder darlles unha aperta. Quixemos ter un detalliño con elas e elaboramos unhas tarxetas con fotos e mensaxes agarimosas.

                                         Foi unha mañá moi emotiva, chea de bos recordos!!! 






miércoles, 18 de mayo de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

   Co gallo das Letras Galegas no CEIP Vilaverde levamos moitos anos celebrando un Concurso de Poesías. O alumnado de 1º participou con estes fermosos poemas escritos coa axuda das súas familias. 


          

   Parabéns a Carmen, Izan e Aine, de 1ºB!!!!!


Por otra banda, participamos na elaboración da bibliografía de Florencio Delgado Gurriagán, homenaxeado este 2022 más Letras Galegas.





Grazas pola participación no Certamen de Poesía, e felicitacións para Naira, Sergio e Mateo na clase de 1°A!!! 


Entrega de diplomas e premios. Noraboa!!!!






viernes, 13 de mayo de 2022

LECTURAS COMPARTIDAS EN PRIMEIRO

 Neste trimestre empleamos como libro de lectura uns exemplares do colexio cun gran tipo de textos para facer lecturas compartidas. Esto permítenos traballar todo tipo de textos, con letra ligada, e seguir as lecturas todos xunt@s!!! Xa lemos de marabilla, e é un pracer poder desfrutar da lectura todos xuntos e xuntas. Algunhas veces facemos á lectura o aire libre, un tempo de disfrute individual de maneira relaxada.










lunes, 9 de mayo de 2022

MATEMÁTICAS DIVERTIDAS

  Traballando as matemáticas sempre de forma manipulativa, vivencial, práctica e divertida. Neste trimestre seguimos coas simetrías con espellos e iniciamos o sistema monetario de euros.