E así cos nosos disfraces completos xogamos a adiviñar de qué personaxe famoso ibamos. Vos sodes capaces de adiviñar tamén?
Foi un día cheo de bailes, xogos, e diversión!!!! E merendas ricas, ricas, de Entroido!!!
FELIZ ENTROIDO!!!!!
E así cos nosos disfraces completos xogamos a adiviñar de qué personaxe famoso ibamos. Vos sodes capaces de adiviñar tamén?
Foi un día cheo de bailes, xogos, e diversión!!!! E merendas ricas, ricas, de Entroido!!!
FELIZ ENTROIDO!!!!!
Hoxe tocaba disfrazarse na cabeza, rostro... Tivemos algunhas perrucas, peiteados moi elaborados, maquillaxes, sombreiros, diademas de flores.. A imaxinación dos nosos nenos e nenas e as súas familias non ten límites!!!!
Para conmemorar o Día de Rosalía este ano elaboramos unha fermosísima vidreira a partir dunha obra de Romero Britto, o Moucho, título tamén dun poema da poetisa galega. Os nosos coñecementos adquiridos tras os experimentos da luz e a cor refléxanse na manualidade: tivemos que diferenciar corpos opacos, translúcidos e transparentes, superpoñer filtros de celofán para achegar á cor axeitada...
Un gran traballo en equipo que xa luce na nosa fiestra de 1º .
O mandado de hoxe pedíanos traer algo nas pernas ou pés. Tivemos de todo: zapatos desparellados, botas, saias do traxe galego ou de cores, debuxos, zapatos de tacóns, purpurina...
Comezamos este primeiro día de Entroido no cole Vilaverde con cousas para levar nas mans e brazos. Houbo moita manualidade e imaxinación, e aínda que algúns dos disfraces parecen doados de adiviñar, outros....teremos que esperar ata mañá para ver máis detalles.
Hoxe celebramos este día de amizade e amor facendo tarxetas con corazóns e mensaxes que descubrimos empregando luz negra. Xa vedes que os experimentos de luz e cor que fixemos estes días despertaron a nosa curiosidade científica...
O noso compañeiro Manuel trouxo lanternas ultravioleta e rotus que empregamos para poder velos. Así descubrimos outros materiais que tamén brillan coa luz negra.